
Estamos en plena primavera. Os días son máis longos e as flores chegan ao seu máximo esplendor, dando cor e aroma aos campos, xardíns, terrazas así como interiores. Desde o CAPM Baiona queremos dar un toque de alegría aos centros de día e que esa gran variedade de cores que invaden a natureza tamén se adentren neles con composicións florais de todo tipo. Para iso convocamos un concurso e vos achegamos no seguinte vídeo unha invitación moi especial:
As bases do concurso son as seguintes:
- Os traballos presentados deberán estar realizados na meirande parte polas persoas usuarias do centro e con material de refugallo.
- Presentarase un traballo por cada centro.
- As dimensións da obra serán libres, así como o tipo de composición floral: xarróns, macetas, centro de mesa, ramo de flores, etc…
- Para lmanter as medidas de prevención ante a COVID, só se enviarán fotografías da composición, evitando así o intercambio de materiais entre os centros. A data límite para enviar as fotografías será o 14 de xuño de 2.021 ao correo electrónico: cd.baiona@cogami.gal
- Para a votación das mellores composicións, enviarase a cada centro participante unha recopilación destas o 17 de xuño, donde cada centro escollerá a obra que máis guste entre as persoas usuarias. Por suposto, non se poderá votar pola fotografía propia. Farase chegar a decisión por e-mail antes do 25 de xuño e darase a coñecer o centro gañador o 30 de xuño de 2.021.
- Rógase a confirmación de participación antes do 1 de xuño no correo cd.baiona@cogami.ga
Animádevos a participar!
4