Co galo do Ano Santo Xacobeo, dende o Fogar Residencial de Cerceda queremos facer partícipes a tódolos usuarios a realizar durante 14 semanas o Camiño de Santiago francés comezando desde O Cebreiro. Trátase dunha oportunidade para poñer en valor o espíritu do camiño á vez que se destacan os elementos propios dos lugares polos que discurre cada etapa, sen esquecer a gastronomía típica dos mesmos e dando cabida tamén ao componente creativo.
Para que?
- Fomentar a participación e a integración dos usuarios
- Manter ou mellorar o estado físico de cada un
- Manter e estimular as capacidades cognitivas de cada usuario/a
- Fomentar o coñecemento da tradición da cultura galega
- Estimular a participación nas actividades propostas, evitando a pasividade e o aillamento.
Que precisamos?
- Para a decoración e ambientación do centro: (compostelás, credenciais, sombreiros, flechas amarelas, cunchas… típicos elementos do Camiño que se elaborará na actividade de CRE-ARTE
- Para a elaboración das receitas de cociña escollerase algún produto típico de cada etapa. NO caso de ser elaboradas no centro quedará reflexada na ficha do obradoiro de cociña especificando así os ingredientes e os materiais necesarios.
Como facelo?
- Tódolos días de luns a venres entre o 3 de maio ata o 23 de xullo.
- Etapas do camiño:
- O Cebreiro-Triacastela——————————————————-21kms
- Triacastela-Sarria————————————————————18kms
- Sarria-Portomarín————————————————————22kms
- Portomarín-Palas de Rei—————————————————–25kms
- Palas de rei-Arzúa————————————————————28kms
- Arzúa-Pedrouzo—————————————————————-19kms
- Pedrouzo- Catedral de santiago———————————————-20kms
- Modalidades:
- Aqueles que podan estarán eses 20 minutos camiñando, podendo descansar se o precisan.
- Os usuarios que non poden camiñar, pero si poden facer pedaletas, considérase que fan o camiño en bici, teñen que pedalear durante 20 minutos o día.
- As persoas que usan cadeira de rodas e poden autopropulsarse solos, tamén se considera que realizan o camiño en bici, farano ao mesmo tempo que os demais, cos descansos que precisen.
- Cada xornada comezará cun aviso para animar á xente correspondente a cada grupo, establecéndose un grupo de mañá e outro de tarde segundo o percorrido asignado.
- O percorrido estará indicado mediante frechas amarelas e dispoñerá de carteis e información dos lugares nos que nos atopamos nesa etapa.
- Cada participante terá a súa credencial, que se marcará unha vez rematada cada etapa. As persoas que teñan seladas todas as etapas, recibirán a súa COMPOSTELA o día 23 de xullo.
- En cada etapa degustarán na merenda un producto típico de cada localidade realizados no obradoiro de cociña ou facilitados polo catering (queixo, empanada, melindres…)
- Para festexar o Fin do camiño tomaremos na merenda a tarta de santiago o 23 de xullo