Empoderamento a través do Día da Solidaridade Interxeracional

Esta actividade, realizada no Centro Interxeracional de Ourense, vai dirixida a toda a sociedade(persoas de diferentes xeracións). O obxectivo é visibilizar o día da Solidaridade Interxeracional para concienciar á poboación acerca do que os diferentes eidos de idade poden aportarse
mutuamente.
En canto aos materiais necesarios, empregáronse dispositivos que permitirán gravar como cámaras e teléfonos móbiles, así como un editor de vídeo. Amais de pinturas para a realización do mural.
Tamén foi necesaria a participación de usuarios, familias, rapaces da escola e profesionais.
Respecto ao procedemento, a actividade consiste na grabación de diferentes vídeos onde se mantén un diálogo entre persoas. Este comeza coa profesora dos nenos preguntándolles se saben que pasa o día 29 de abril, ao que eles responden que non. A continuación, os nenos chaman por Luz, unha das
usuarias do centro, para preguntarlle se ela sabe, quen tamén responde cunha negativa. Logo disto, aparece unha sucesión de persoas (usuarios, familias e profesionais) que relatan o significado que ten para elas este día, ensalzando a relevancia do mesmo.
Para rematar o clip, aparecen unha recopilación de imaxes do mural que pintaron entre ambos grupos xeracionais, no que pon “29 de abril Día da Solidaridade Interxeracional”.
Con este vídeo pretendemos chegar a todas vós, a todos vós… Queremos aportar un gran de area este 29 de abril, de xeito que fagamos visible que, para lograr un mundo máis tolerante e igualitario, é preciso partir dunha educación interxeracional a todos os niveis. Feliz Día da Solidaridade
Interxeracional!!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.