Este mes de febreiro, no Centro de día de Abadín botamos a vista atrás e pensamos no premio que recibimos no Desfile de Entroido de 2020. Esta lembranza, motivounos a ser nós este 2021 os que formaran parte dun xurado e propoñer o noso I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA.
As bases da convocatoria consistían en enviar ao correo electrónico do centro o traxe de entroido que máis lles gustou elaborar coas súas mans a cada centro na súa andaina. Estaba dirixido a todas aquelas persoas usuarias e traballadoras que visitan con frecuencia o blogue “ocentrodedianacasa” e recibimos dúas imaxes que nos deixaron abraiados.
Por un lado, o CAMP das Neves, escolleu para o concurso un traxe de “ALERQUÍNS”. En cor branco, negro e vermello. Con saia acampanada e decorada cun cinto. Con pescozo frunzido e un gorro de cadros con pompón.
Por outro lado, a asociación AFAN de Burela, mostraba un traxe de “HIPPIES”. Con camisetas descoloridas coa tendencia “tie dye”, chalecos de flecos, collares co símbolo da paz e diademas de flores. Tamén cunha “furgoneta” volkswagen.
A decisión foi difícil. Os dous nos impresionaron. O que gañase sería escollido para caracterizarnos nós no ano 2022 e finalmente conseguimos un desempate.
Moitas grazas aos participantes, aos que lles faremos chegar o premio correspondente:
1º PREMIO: HIPPIES DE BURELA
2º PREMIO: ARLEQUÍNS DE AS NEVES
Ata a próxima edición!
0