RAP DE ENTROIDO 2021 CAPM CABANA DE BERGANTIÑOS

Dende o CAPM Cabana de Bergantiños quixemos celebrar este Entroido 2021 interpretando as persoas maiores do centro unha canción a modo de RAP que versa sobre os momentos que vivimos e co obxectivo tamén de aportar o noso gran de area, a través das voces dos protagonistas, para a prevención da COVID-19, está dirixido a toda a comunidade en xeral.

A autora da letra é Sonia A.V (persoal externo de apoio ó PSX).

Precisaredes conexión a Internet e un smartphone ou tablet/pc.

(Melodía da composición do RAP: Libre de dereitos de autor (non comercial)

DaBaby x City Girls x Mulatto Type Beat – “CARTIER” [prod. by Be-Twiin] Banger Type Beat 2021)

Letra Canción:

RAP DO ENTROIDO DO CAPM Cabana de Bergantiños

(Autora Sonia A.V, persoal externo do CAPM Cabana de Bergantiños )

ARRINCAMOS ESTE ENTROIDO

CON MOITO QUE CONTAR

QUE POR CULPA DO CORONAVIRUS

A VIDA NOS FIXO CAMBIAR

BICOS NON

APERTAS NON

XUNTANZAS NON

ANDAR CON PRECAUCIÓN

E VEÑA RESTRICIÓNS (BIS)

SE TES QUE SAÍR Á RÚA

LEMBRA SEMPRE LEVAR

O NARIZ E A BOCA CUBERTA

CUNHA BOA MÁSCARA

A MODO DE ANTEFACE

PARA QUE O BICHO NON POIDA ENTRAR.

AI SEÑORES COMPAÑEIROS,

CANTO TEMOS QUE AGRADECER

ÓS SERVIZOS SANITARIOS,

E ÓS CENTROS DE DÍA TAMÉN

TODO O SEU EMPEÑO E ESFORZO

PARA COIDARNOS ASÍ DE BEN.

VAMOS XA A REMATAR QUE É HORA DE XANTAR,

UN BO PRATO DE COCIDO

PRA CELEBRAR O “CARNAVAL”.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*