Remata a costa de Xaneiro e comeza xa o segundo mes do ano. Atréveste a adiviñar a terceira personaxe secreta? Contan as lendas que aló polo ano 270 antes de Cristo, o emperador Claudio II prohibía casarse ás parellas máis novas, porque a seu xuizo os solteiros sen fillos eran mellores soldados. Pero un médico convertido a sacerdote consideraba inxusto este decreto e desafiou ao gobernante, casando en secreto aos namorados. Segundo os rexistros católicos, este romano era famoso pola súa santidade. Varios homes de confianza do reinado intentaron convertelo á relixión politeísta sen éxito. Un deles (Asterius) non só non logrou facelo claudicar, senón que el mesmo converteuse en cristián despois de ver como a súa filla, cega dende pequena, recuperaba milagrosamente a vista por intercesión do sacerdote. Decatado da historia, Claudio II mandouno decapitar un 14 de febreiro na Vía Flaminia romana, cerca do lugar onde despois foi soterrado. Esta data foi incluída como festividade no calendario litúrxico tradicional e celebrada pola Igrexa Católica nos seguintes 15 séculos. Pero en 1969, baixo o pontificado de Pablo IV e despois do Concilio Vaticano II, foi eliminado. Así pasou a ser unha data con santo, pero sen celebración. No século XX converteuse nun gran negocio, cando a revolución industrial permitiu a produción en cadea de tarxetas de felicitación para os namorados. Os estadounidenses, por exemplo, gastan en tarxetas e outros detalles para ese día máis de US$18.900 millóns, segundo a Federación Nacional de Comercio de EE.UU. De esta forma, a festividade da fertilidade da Antiga Roma, transformou o día para conmemorar a un mártir, nunha ocasión para o negocio global. |