“O ENTROIDO NOS CENTROS DE DÍA” dende o Centro de día de Abadín

Fai un ano, algunhas persoas usuarias do centro de día de Abadín e as súas familias presentámonos por primeira vez ao desfile de Entroido do pobo. Foi moi emocionante. Puxéronnos unha fila de cadeiras para que viramos todas as comparsas con seguridade. E cando nos tocou mostrarnos ao público, observamos que todos nos aplaudían e animaban. Pensamos que tíñamos moitos fans e non se nos podía sacar o sorriso da cara. Pero iso non foi todo.

Botámoslle moita cara e adueñámonos do micrófono. Falamos dos recursos que temos en Abadín (os greliños, a carne das matanzas do porco, a boa xente…). Parodiamos ás dúas Marías de Santiago de Compostela e ao señor alcalde. Incluso sacamos unha foto con él dándolle un bico. Así é o entroido. Quedamos ata o final, déronnos chocolate con churros e gañamos UN DOS PREMIOS. Non o podíamos crer. A entrega foi con confeti incluido e subida ao podium.

Foi o último evento que tivemos antes de que estallase a pandemia. Con motivo de este recordo tan especial decidimos convocar o noso I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: MASCARITAS DE ENTROIDO FEITAS A MAN”

A idea é que nos enviedes unha foto do traxe de entroido que máis vos gustou dos que fixéstedes nos vosos centros. A máis votada polas persoas usuarias será a gañadora.

PLAZO DE ENTREGA: ata o 28 de Febreiro de 2021.

DIRECCIÓN: abadin.consorcio@igualdadebenestar.org

ASUNTO: Para concurso de fotografía dende o Centro de día de ………

Moitas gracias pola vosa atención e esperamos a que vos animedes a participar!!

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.