Está claro que coa chegada de Lorenzo, temos que extremar as precaucións.
Sabedes qué medidas son aconsellables para os días de calor intenso?
Probade a facer este cuestionario de verdadeiro ou falso, e poñédevos a proba, PREME AQUÍ
As queimaduras polo sol son máis frecuentes do que nos parece. Esta nova foi moi comentada e parodiada. Qué vos parece? Pensades que vai a ser habitual esta imaxe na nova normalidade?
![](https://ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org/wp-content/uploads/2020/07/Preparémonos-para-o-verán_marcas-mascarilla.png)
Chamo ao meu amigo Fernando Cuadrado, o médico de Camelle que se fixo famoso por adicarse a pasear unha vez por semana cos veciños do pobo. Recordades o artigo do xornal? PREME AQUÍ
A día de hoxe sigue dando especial valor á prevención e conta que a recomendación do lavado das mans ou de esbirrar no cóbado polo Covid-19 non é unha novidade. El leva anos aconsellando estes pequenos xestos no día a día. Comenta que incluso tivo unha paciente que tiña por costume bicarr a man a todos os que chegaban a súa casa. “Dende que deixou de facelo pasou de tomar 4 antibióticos ao ano a non tomar ningún”. Unha curiosidade que me deixou perplexa.
Recórdame que non debemos baixar a guardia na nova etapa de nova normalidade, que o uso das mascaras segue sendo obrigatorio e QUE NON SON GRAVATAS, VISEIRAS, CODERAS OU PENDENTES.
Co seu bo humor particular, adícalle a este blog un vídeo recordatorio. Graciñas por entender a importancia de compartir coñecementos !
Unha maneira moi instructiva para explicar o correcto uso da mascarilla e a importancia de ciudad de do sol