Cando os visitantes do blog visualizaron a curtametraxe “Micosis”, non puideron deixar de rir a pesar de estar baseado nun film de terror.
Totalmente enganchados á serie documental de este centro de película como é Begonte, solicitan nos comentarios unha nova entrega: “O bo, o feo e o malo”
A sinopse desta curtometraxe é a seguinte: “durante a guerra civil, tres cazadores de recompensas buscan un tesouro que ningún deles pode atopar sin a axuda dos outros.”
Pero parece que o único tesouro que buscan estos tres é gañar a partida e facer briskas. Ou qué opinades?
Recordade que aínda temos pendentes as categorías de:
ACCIÓN: “Rocky Vai Boa”
E DOUS ROMBOS: “A tentación vive á beira do río Ladra”
Cal che pica máis a curiosidade?
0