ADIVIÑA QUEN CANTA DENDE O CENTRO DE DÍA DE BAIONA

Dende o centro de día de Baiona propoñémosvos unha actividade musical para toda a familia. Só tedes que seguir as instrucións que se indican ao inicio do vídeo e adiviñar cada un dos artistas que saen ao longo da proxección.

Con esta actividade traballaremos diversos aspectos a nivel cognitivo, memoria a longo e a curto prazo, linguaxe, así como a evocación de recordos (reminiscencia). Tamén axudaremos a manter a atención e a creatividade.

Este material foi creado para a sección “Estamos cos maiores” da páxina web Aulas Galegas.

Para comezar a actividade PREME AQUÍ

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.