Cando o centro de día de Lourenzá, veu o vídeo de receita de pan de noces do terapeuta do CAMP de Tomiño, enseguida recordou o ben que o pasaron as persoas usuarias poñendo as mans na masa polo seu VIII Aniversario.
A preparación da comida é unha actividade instrumental da vida diaria. É dicir, e unha tarefa complexa orientada á interacción co medio. Para o seu desempeño no centro de día, foi necesario proporcionar ordes moi sinxelas recordando os pasos para facilitar a secuenciación.
1. Na sesión realizada, a empresa de xerocátering, explicou ao grupo a receita proposta destacando os factores alérxenos.
2. O persoal da empresa facilitou todos os materiais a cada grupo dispostos en diferentes mesas (incluídos os gorros e guantes de cociñeiros/as).
3. Animouse a que comprobasen que dispoñían de todos os ingredientes necesarios para a elaboración, e que os que desexasen participar que se “vestiran de chefs improvisados. Animáronse homes e mulleres de todas as idades.
4. As persoas traballadoras dispuxéronse en cada mesa para ir recordando os pasos da receita e motivar a todos a colaborar.
INGREDIENTES
- Fariña 500g
- Manteiga 250g.
- Sacarina 10g.
- Ovo 1 unidade.
Alérxenos que contén: glute, ovo e leite.
ELABORACIÓN
- Derreter a manteiga no microondas.
- Mesturar a manteiga co ovo e o azucre.
- Remover ben a manteiga, o ovo e a sacarina. Engadir a fariña e amasar ben coas mans.
- Darlle forma de bola a masa e cubrila con papel transparente. Deixar repousar na neveira uns 30 minutos.
- Unha vez repousada a masa, sacala da neveira e coa axuda dun rodillo , estirala ben formando unha capa de un centímetro de grosor.
- Recortamos coas mans e diferentes moldes , creando coas nosas mans diferentes formas e decorando ao gusto de cada unha das persoas usuarias que participan.
- Ornear a 160ºC-175ºC durante 20 min.
- Sacar a bandexa do forno e deixar enfrear e xa estarían listas para comer.
O resultado non deixou indiferente a ninguén. Que vos parece? Fixéstela algunha vez?
0