Os centros de Cerceda e Ribadeo achégannos unha interesante proposta para traballar a estimulación cognitiva coas cartas tanto a través da propia baralla coma dunha serie de actividades interactivas.
A baralla española é un elemento accesible e sinxelo, sempre presente nas reunións familiares e/ou con amigos. Esta proximidade e vínculo facilítanos tanto o xogo tradicional (brisca, tute, escoba…) como a posibilidade de empregala na estimulación cognitiva.
Esta actividade está dirixida tanto a persoas con ou sen deterioro cognitivo, adaptando a actividade ás capacidades de cada persoa.
Os obxectivosdestas actividades son a estimulación cognitiva a través dun obxecto tan cotiá como é unha baralla de cartas; traballando así a capacidade de manter a atención, a memoria, a planificación, a categorización ou o cálculo.
Ademáis de estimular as capacidades cognitivas, serve para favorecer o contacto, previr ou
manexar trastornos de conducta e mellorar o ánimo.
Os únicos materiais necesarios para levala a cabo serán unha baralla de cartas ou un móbil/tablet.
A continuación, o CAPM de Cerceda preséntanos este PDF cunha serie de ideas para traballar coa baralla:
Mentres que o CAPM de Ribadeo preséntanos esta serie de actividades interactivas:
- Entre Ouros e Copas: temos que buscar ou relacionar a carta que coincide co número e pau que nos pide o audio. PARA COMEZAR A ACTIVIDADE PREME AQUÍ
- Busca os Bastos: test sinxelo que nos pide que recoñezamos a carta que pertence aos bastos. PARA COMEZAR A ACTIVIDADE PREME AQUÍ
- Cal carta é…?: test máis complexo que nos define unha carta en función de: maior, menor, sumas sinxelas e o pau. PARA COMEZAR A ACTIVIDADE PREME AQUÍ
- Adiviñas: aparece unha carta agochada e temos que identificala.
Para comeza a 1 actividade PREME AQUÍ
Para comeza a 2 actividade PREME AQUÍ
Para comeza a 3 actividade PREME AQUÍ
Para comeza a 4 actividade PREME AQUÍ
Para comeza a 5 actividade PREME AQUÍ
CERCEDA_RIBADEO.-Estimulación-cognitiva-con-cartas.-Movamos-a-mente0