Dende o centro de día de Valadares propóñennos unha actividade de refráns para traballar en familia e poñer en movemento a nosa mente. O vídeo dispón de información escrita e dun audio que vai narrando o que aparece, polo que non é preciso ter a capacidade de lectura nin agudeza visual para desenrolar a actividade.
Con esta tarefa proposta traballaremos aspectos tan importantes como a estimulación da memoria recente e remota, a linguaxe automática e comprensiva e a atención.
O procedemento é o seguinte: pomos o vídeo e na pantalla irá aparecendo a primeira parte dun refrán relacionado cos meses do ano e coas actividades típicas dese período de tempo. A nosa labor será adiviñar como continúa. Podemos ir apuntando nun papel que persoa da familia acerta máis refráns e copialos para aprendelos e contribuír ao legado do refraneiro popular que forma parte da nosa cultura.
0