ADIVIÑANZAS DENDE O CENTRO DE DÍA DE VIGO VALADARES

A actividade que propoñemos dende o centro de día de Valadares diríxese a todos os maiores e tamén ás súas familias, xa que é un xogo que podemos facer entre todos/as. O vídeo dispón de información escrita e dun audio que vai narrando o que aparece, polo que non é preciso ter a capacidade de lectura nin agudeza visual para desenrolar a actividade.

O procedemento é o seguinte: en canto poñamos o vídeo na pantalla irán aparecendo adiviñas, despois duns segundos aparecerá unha pista que pode axudar a resolver o enigma e despois a solución ao mesmo.

Podemos ir anotando quen ten máis respostas correctas así como copialas e incluso aprendelas para propoñerllas a outros familiares e amigos/as. Serán quen de acertalas?

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.