A terapeuta ocupacional de Sada tráenos uns exercicios para movilizar as mans e aprender un pouco sobre a lingua de signos.
A lingua de signos é un conxunto de xestos manuais e expresións faciais que serven para comunicarnos con aquelas persoas xordas. Ademais de ser un método de comunicación con persoas xordas, sérvenos tamén para exercitalas mans dun xeito un pouco distinto; sendo especialmente recomendado para persoas que teñan patoloxías como artrite ou artrose, dificultades no movemento corporal das mans ou, simplemente, que queiran pasar un bo rato aprendendo unha nova canle para comunicarse con persoas xordas.
Animádevos a exercitar un pouquiño as mans dende as casas aprendendo o abecedario en lingua de signos.