HERBAS DE SAN XOÁN DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

A actividade que vos propoñemos busca a orientación temporal mentres relacionamos os nomes cas imaxes das herbas de San Xoán: unha suma de tradición, cultura e identidade a través de medios interactivos

A actividade está dirixida a persoas con ou sen deterioro cognitivo leve, xa que require lecto-escritura e comprensión presentes e/ou conservadas.

No caso de persoas maiores con deterioro cognitivo poderíamos levala a cabo ca nosa asistencia, paciencia e relato, enmarcando a actividade dentro dunha conversa arredor dos seus recordos no San Xoán.

A partir desta ficha propoñémosvos que debuxedes a herba que máis vos guste, unha actividade que pode ser individual ou colectiva, pero seguro irá cargada de maxia.

Para ver a ficha PREME AQUÍ

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.