AUGA DE SAN XOÁN DENDE O CENTRO DE DÍA DE TOMIÑO

Có gaio da proximidade á festa de San Xoán, que provén da época da prehistoria onde xa se celebraba o solsticio de verán, e está repleta de ritos e tradicións. Esta é unha das festas máis conmemoradas ao longo e ancho do mundo, e ten un gran arraigo na cultura galega.

Dende o CAPM de Tomiño achégannos unha das tradicións da noite mais máxica do ano, Angélica, xerocultora do centro, vainos explicar como facer a tradicional auga de San Xoán.

Con esta proposta, a maiores de pasar un bo momento en familia, tamén imos traballar outros aspectos tan importantes como a evocación dos recordos, cales eran as tradicións que facían os maiores e que podemos aproveitar para preguntarlles. Por exemplo:

– Cales eran as tradicións desta noite cando eran nenos/as na súa zona.

– Cales eran as falcatruadas típicas desta noite.

– Que outros rituais facían (saltar a fogueira, pedir o desexo, etc)

Estas son algunhas cuestións que lles podedes facer, desta maneira tamén traballaredes a linguaxe con eles/as.

Animádevos a dar un paseo na tarde do día 23 e aproveitar para facer a recollida destas herbas!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.