A NOSA CULTURA MUSICAL DENDE O CENTRO DE DÍA DE BOIRO E CHANTADA

A actividade que se presenta a continuación vai dirixida a persoas maiores con ou sen deterioro cognitivo leve, ás que lles guste a música; especialmente a música tradicional galega. Con ela preténdese que as persoas participantes exerciten a súa mente traballando a memoria, a linguaxe, a atención, a comprensión e a concentración.

Tecendo as achegas dos CAPM de Boiro e de Chantada, propoñemos distintos niveis de dificultade para a realización desta actividade:

Por una banda, o persoal do CAPM de Boiro preséntanos unha opción máis esixente, escoitando a canción completa e tendo que cubrir os espazos en branco na letra da canción.

En cambio, a equipa do CAPM de Chantada achéganos estas letras acompañadas dun pequeno fragmento musical có que se nos fará unha pregunta con 2 posibilidades de resposta.

Animámosvos a tódolos participantes a que empreguedes algún instrumento musical que teñades nas casas para interpretar estas cancións, que fabriquedes algún sinxelo coma unhas maracas e que desfrutedes cantando e bailando a música.

Recordade…

A música é para a alma, o que a ximnasia para o corpo”

A SAIA DA CAROLINA

VEN BAILAR CARMIÑA

E POUSA E POUSA

A RIANXEIRA

AMORIÑOS COLLÍN

CATRO VELLOS MARIÑEIROS

APAGA O CANDÍL

O GALO CANTA

LÉVAME

O GATO METIDO NUN SACO

OPCIÓN DE CHANTADA

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.