XIMNASIA CEREBRAL DENDE O CENTRO DE DÍA DE PANTÓN
A Ximnasia para o cerebro baséase en exercitar a nosa mente a través do noso corpo. Éste está deseñado de tal forma que a carencia de movemento nos vai a danar a longo prazo. Por iso, a actividade física debe ter o seu sitio cada día.
Segundo un estudio publicado en Human Brain Mapping, o aumento da comunicación entre as distintas rexións do cerebro axudaría aos adultos maiores a compensar os aspectos negativos do envellecemento cerebral. Os resultados do mesmo, suxiren que mediante o aumento da comunicación bilateral se mantén unha función cognitiva saudable.
A Fisioterapeuta do Centro de Día de Pantón propón unha serie de exercicios de coordinación para unir o hemisferio cerebral esquerdo co dereito provocando un maior nivel de concentración, memoria e creatividade.
Son exercicios pensados para frear o deterioro cognitivo e físico das persoas maiores, pero o certo é que poden ser realizados por calquera persoa interesada , sen distinción nin exclusión.
Podedes ver os catro vídeos e comentar cal vos resultou más sinxelo.