XUNTOS MÁIS FORTES DENDE O CENTRO DE ARTEIXO
A corentena e o confinamento están a provocar unha ruptura nos hábitos e rutinas das persoas usuarias. Esta fractura do proxecto de vida afecta ás ocupacións do día a día, ao estado de ánimo e polo tanto, á súa calidade de vida.
Este confinamento está a afectar a diferentes xeracións polo que é unha oportunidade para que nenos/as e maiores compartan as súas inquietudes, os seus medos e se transmitan ánimo e alegría, por un mesmo obxectivo. Esta actividade, promovida pola Equipa do Centro Residencial e de día de Arteixo, ten como protagonistas ás persoas residentes co propósito de fomentar a participación dos mesmos na súa comunidade, aínda que están a chegar moito máis lonxe (A Coruña, Madrid, etc.). Ademais, contribúe a crear lazos interxeracionais.

Os nenos e nenas de Arteixo, a través da páxina web do concello e das súas redes sociais, poden achegar a través do correo cr.arteixo@gmail.com, os seus debuxos e cartas para as persoas usuarias do centro residencial. Desta forma, as persoas usuarias lles farán chegar tamén a eles palabras de agarimo a través de diferentes cartas escritas por eles mesmos en resposta ao que os nenos e nenas de Arteixo lles escriban.
A maiores, enviáronse cartas de ánimo aos CAPM próximos, como son Cerceda e A Laracha.
0