MEMORIA DUNHA VIDA DENDE O CENTRO DE ARTEIXO

Memorias dunha vida é unha actividade, proposta dende co centro de ARTEIXO, para realizar en familia, co obxectivo de que as persoas usuarias xunto cos seus achegados recreen as escenas e momentos máis significativos da súa vida. Consiste nunha presentación alegre e colorida, onde se propón ás persoas usuarias recoller aspectos relevantes da súa vida en relación ás etapas de infancia, xuventude, vida adulta e momento actual. Esta é, con seguridade, a tarefa máis significativa, con maior carga emocional e que, ademais, permite estimular a memoria biográfica e outorgar valor á identidade persoal. Require da colaboración da familia (debido ao emprego das novas tecnoloxías para levarse a cabo), polo que o seu valor engadido é a comunicación e interacción familiar.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

2 Respostas a “MEMORIA DUNHA VIDA DENDE O CENTRO DE ARTEIXO”