CANTIGAS E CONTOS DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE

Unha boa maneira de traballar a memoria remota e ao mesmo tempo mellorar o estado de ánimo e a autoestima das persoas maiores é empregando cancións populares de antano e contos ou refráns de sempre.

Esta sabedoría popular pódese empregar recopilándoa entre todas as persoas participantes e recitándoa para estimular a memoria, deixándoa incompleta para que as persoas usuarias pensen como rematala ou tamén facendo gravacións onde sexan as propias persoas maiores as protagonistas.

Neste caso, presentamos gravacións de audio realizadas no día a día do centro de Begonte e tamén contos gravados por un usuario na súa casa durante o confinamento.

Comprobamos que ás persoas maiores failles ilusión todo o relacionado co audiovisual, poder escoitarse cantando ou recitando ou vendo o resultado das gravacións en vídeo na TV (en pantalla grande) failles especial gracia. Séntense importantes…e, en realidade, o son.

Obxectivos deste tipo de actividades:

– Estimular a memoria remota.

– Recuperar parte da sabedoría popular galega (reminiscencia)

– Poñer en valor as capacidades das persoas maiores.

– Mellorar a autoestima das persoas participantes.

– Potenciar o sentido do humor no día a día.

Materiais empregados:

– Aparatos de gravación: teléfonos móbiles, cámaras de vídeo, etc

0
Se che gustou podes compartirlo en:

3 Respostas a “CANTIGAS E CONTOS DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE”

  1. Que talento teñen estes artistas! Noraboa por seguir así de fortes🙂