ARDE COSPEITO

Aparte

ARDE COSPEITO

Nesta época do ano Lugo festexa a súa historia co Arde Lucus, e decidimos traer os festexos ao noso centro e facer o noso Arde Cospeito. Ao longo de varias sesións de laborterapia elaboramos escudos de romanos, de castrexos, espadas, machados… e mesmo unha cuadriga!

Así mesmo, creamos coroas de loureiro para todas as persoas usuarias. Ademais, persoal do centro aportou traxes de romano e de castrexo para facer unha exposición de vestimentas típicas, e mesmo desfilamos con elas!

Desfrutamos enormemente, rimos e festexamos, ao tempo que aprendemos algo máis sobre a historia da nosa contorna.

5
Se che gustou podes compartirlo en: