Celebración do día das Letras Galegas no centro de día de Begonte

Aparte

Celebración do día das Letras Galegas no centro de día de Begonte

Por mor da celebración das Letras Galegas realizouse un encontro co Centro de Día de Guitiriz con música en directo a cargo do grupo tradicional Axóuxere. Houbo baile, cantigas, música, risas e moita diversión e interacción entre todos os asistentes. O remate da actuación houbo agasallos artesanais tanto para o CD de Guitiriz como os integrantes do grupo de música (bomboneiras, moedeiros, floreiros con flores a gancho…) e tamén recibimos agasallos do Centro de día de Guitiriz (un broche en forma de gaita).

Tamén se organizou un baile a cargo da actuación da UNED SENIOR DE GUITIRIZ (15 músicos e o profesor Fran Cupeiro). Este encontro resumiuse en baile, canto, alegría e moita diversión. Rematou a actuación tamén con un lote de agasallos.

16
Se che gustou podes compartirlo en: