Obradoiro de Ovos de Pacua dende o centro de maiores de Taboadela

Aparte

Obradoiro de Ovos de Pacua dende o centro de maiores de Taboadela

As datas da Pascua teñen un especial significado para as persoas maiores. Na época da súa nenez o consumo de carne e de ovos estaba prohibido na coresma ate a chegada do domingo de Resurrección. Este era un día no que remataba a restrición e foi nacendo a tradición de compartir e agasallar ovos como acto de xenerosidade. A nosa idea foi decorar os ovos de galiña. meterlles dentro chocolatinas para levarlles aos cativos da Escola Infantil e realizar o un xogo con eles. A actividade interxeneracional resultou moi entretida e enriquecedora.

6
Se che gustou podes compartirlo en: