Festa de verán no centro de día de Vigo Coia

Aparte

Festa de verán no centro de día de Vigo Coia

A equipa do centro de día de Vigo-Coia quere compartir un vídeo da “Festa de Verán” que se celebrou o pasado venres 26 de agosto de 2.022 no xardín do centro, convidando aos máis cativos das familias e profesionais do centro de día.

Ao longo dunha hora tiveron lugar varios xogos con auga nunha mañá calurosa, onde se fixeron dous equipos formados por maiores e pequenos. Todos e todas amosaron as súas habilidades para coller obxectos escorredizos!

Foi unha xornada moi divertida onde varios familiares máis quixeron acompañarnos tamén como “público” e estiveron animando ao seu equipo favorito. A todos e todas agradecemos a súa participación xa que a festa foi todo un éxito. Volver a desfrutar da presenza dos nenos e nenas no centro é maravilloso.

Esperamos que vos guste o vídeo formado por imaxes da festa e vos animedes a organizala o próximo verán!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

“GRANDPRIX VERANIEGO”

Aparte

“GRANDPRIX VERANIEGO”

O 18 de agosto celebramos coas persoas usuarias do Centro Residencial e de Día de Arteixo e coas súas familias o GrandPrix Veraniego, recordando o clásico programa de televisión. O tempo non nos acompañou, polo que en lugar de poder realizalo do xardín, tivemos que celebralo dentro do centro. Isto non foi impedimento para desfrutar moito coa actividade, a cal estivo composta por dous equipos (vermello e azul) e tres probas (lanzamento de aros, pesca do pato e bolos) que foron realizando os dous equipos de forma simultánea. Tras a vitoria do equipo azul, todas as persoas participantes refrescáronse cun aperitivo composto por froita de tempada e un cóctel. Tanto as persoas usuarias como as súas familias pasaron un momento lúdico, cheo de gargalladas e ilusión.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Cafeteando na vila de Cospeito

Aparte

Paseando por Cospeito

Aproveitando o bo tempo, ao longo da semana pasada saímos en pequenos grupos un total de 15 persoas usuarias do centro de día de Cospeito para pasear pola vila e tomar algo nos locais da contorna, algo que nos encanta facer sempre que podemos, xa que nos achega máis aos nosos veciños ao tempo que desfrutamos de momentos de ocio e relaxación cos nosos compañeiros.

4
Se che gustou podes compartirlo en: