Celebración do Día das Letras Galegas co CEIP A Pobra do Brollón

Aparte

Celebración do Día das Letras Galegas co CEIP A Pobra do Brollón

Para celebrar o Día das Letras Galegas, as persoas usuarias e persoal do centro, decidimos dar un pequeno paseo e fomos de visita ao CEIP de A Pobra do Brollón, que se encontra xusto o cruzar a estrada.
Fixemos unha actividade conxunta na biblioteca. Recibíronnos cuns versos de creación propia e logo gravamos un podcast para a radio do colexio. Os alumnos de 5º e 6º de primaria, faláronnos da vida e obra de Luisa Villalta e preguntaron aos maiores por como era a vida cando eles se criaron. Interesáronse por saber se pasaran fame, a que xogaban, como eran as festas e moitas outras preguntas que foron respostadas con moitaledicia.
Foi unha actividade moi gratificante para todos, chea de agarimo e de emoción. As persoas maiores estaban empoderadas, orgullosas, decididas e agradecidas , e sen medo nin temor a críticas falaron e compartiron cos presentes todo o que viviron coa ilusión de mostrarlles os nenos a realidade do mundo no que eles medraron.
O resultado é unha ledicia para os oídos, que podedes escoitar no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippobrabrollon/

2
Se che gustou podes compartirlo en:

AS FIESTRAS ABERTAS POR LUISA VILLALTA DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

Aparte

AS FIESTRAS ABERTAS POR LUISA VILLALTA DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

Pracer…é a palabra que mellor define o resultado de profundizar na obra e na figura da autora á que se adica o Día das Letras Galegas 2024.

Desfrutamos e profundizamos da súa singularidade músico-poética.

Os fíos da lingua, as palabras e as melodías foron o nexo que uniu ao IES Dioisio Gamallo de Ribadeo, á EMMeD de Ribadeo e a nós espertando interese e motivación en todos os colectivos.

A lingua mantense viva no día a día, e con estes encontros renovámola e alimentámola de forma transversal.

Moz@s e persoas maiores uníronse a mocidade a través das voces, das palabras, da música e da figura de Luisa Villalta… abrimos as fiestras e establecimos tendais emocionais como nomea Luisa no poema

5
Se che gustou podes compartirlo en: