Navegando polo Miño

Aparte

Navegando polo Miño

Nas terras do Baixo Miño, a relación entre as persoas e as augas do Miño sempre foi moi estreita, e como non podía ser doutro xeito algunhas das persoas usuarias rememoran esta relación xa fose directa ou indirectamente con cariño e acordanza. No punto oposto atópanse aquelas persoas usuarias que nunca tiveron ningún tipo de contacto co mar e…. aínda máis, nunca montaran en barco, pero aínda así tiñan temor e ilusión a partes iguais por facelo, aínda que fose, unha vez na vida.

O centro de día de Tomiño púxose en contacto coa Asociación Vontade e co Clube deportivo “Sen Amarras”. Xuntos están a desenvolver unha iniciativa no marco do proxecto “Río Miño, Marca Inclusiva” co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.

A través deste proxecto, o xoves dezaoito de agosto sete persoas usuarias do centro de día de Tomiño xunto co persoal do centro emprenderon a viaxe cara o pantalán de Goián.

Alí estaban agardando por eles o persoal do Clube deportivo “Sen Amarras”. Foron os encargados de dirixir os dous barcos adaptados, nos que se facilitou a abordaxe de tres persoas en cadeira de rodas, a través do río Miño.

O percorrido foi dende o pantalán de Goián ata case a desembocadura do río Miño dende onde se contemplou a espectacular vista do Monte Tegra. Unha vez apreciada a vista, os capitáns deron volta ás embarcacións rumbo a praia da Lenta (Portugal), pasando por debaixo da Ponte Internacional da Amizade que une Tomiño e Vilanova de Cerveira. Foron arredor de dúas horas nas que navegaron polo leito do río Miño e nas que puideron desfrutar da natureza e dunhas vistas privilexiadas.

Desfrutaron do aire libre e do paseo en barco e aquí vos deixan unha mostra da experiencia vivida.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Visita a Casa dos peixes da Coruña dende o centro de día de Cospeito

Aparte

Visita a Casa dos peixes da Coruña dende o centro de día de Cospeito

As excursións sempre son unha gran fonte de entretemento e diversión, así como de aprendizaxe. Este 25 de agosto, persoas usuarias e persoal do centro de día de Cospeito visitaron o Aquarium Finisterrae de A Coruña, onde desfrutaron dunha xornada realmente interesante mentres aprendían sobre as especies mariñas que se poden atopar nestas instalacións. Rematamos a saída desfrutando dunhas estupendas vistas da costa coruñesa mentres xantabamos na zona de picnic da Domus.

Percorremos unha chea de kilómetros para chegar aquí, pero dende logo que pagou a pena!

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Cafeteando na vila de Cospeito

Aparte

Paseando por Cospeito

Aproveitando o bo tempo, ao longo da semana pasada saímos en pequenos grupos un total de 15 persoas usuarias do centro de día de Cospeito para pasear pola vila e tomar algo nos locais da contorna, algo que nos encanta facer sempre que podemos, xa que nos achega máis aos nosos veciños ao tempo que desfrutamos de momentos de ocio e relaxación cos nosos compañeiros.

4
Se che gustou podes compartirlo en: