“GALICIADOR”

Aparte

“GALICIADOR”

O Centro de dia de Baiona promoviu un concurso para a rede de centros e nos quixemos participar, mostrando a nosa comunidade e todo o que a mesma nos aporta. Para así poder amosarlles as persoas de outros centros onde é que vivimos, e que sorte poder vivir aquí, tan pretiño do mar!

A través da oficina de turismo e fotos que distintos traballadores tiñan da contorna elaboramos un precioso video para animarvos a que veñades conocer o noso pobo. Dando a coñecer a nosa cultura, as nosas festas e o noso entorno e achegarvos así a un anaquiño de nós.

E aínda tivemos sorte, que gañamos o premio ao mellor guión!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

As bicicletas son para o verán dende o centro de Baleira

Aparte

As bicicletas son para o verán dende o centro de Baleira

Nestes días calurosos, no CAMP de Baleira vimos de terminar un proxecto co que quixemos darlle a benvida ao verán e aproveitar os días de bo tempo no xardín. Tratase dun obradoiro de refugallo, onde lle demos unha segunda vida a unha bicicleta cedida por un veciño da zona.

No transcurso da actividade poidemos rememorar algunha anécdota acerca da importancia que tivo a biclicleta nas súas vidas. Deste xeito, descubrimos unha brecha de xénero no seu uso, xa que, poucas mulleres as utilizaban. Tamén nos decatamos do cambio de significado que lle outogarmos a bicicleta, posto que antiguamente era utilizado como medio de transporte e agora outogarselle un valor moito máis lúdico e de esparzemento.

En definitiva, constituíu toda unha labor minuciosa a que lle adicamos moitas tardes no centro, pero qué gusto vela rematada e exposta no noso xardín.

11
Se che gustou podes compartirlo en: