CONCURSO ARTELIXO

Aparte

CONCURSO ARTELIXO

Dende o CAPM de Redondela queremos convidarvos a participar na actividade do Artelixo. Este é un movemento que nace no ano 1995 en Redondela, como protesta a un vertedoiro de lixo situado preto da feira do gando, no centro da vila. Continuou coa súa actividade reivindicativa até o ano 1999. Xa en 2012, retoman o certame recuperando o espírito reivindicativo que deu vida ao evento nos anos 90 para loitar contra os problemas actuais: lixo político, económico e social.

¿En que consiste a actividade?

A actividade consiste en converter o material de refugallo en arte, sendo este un pretexto para reflexionar sobre a saúde do medio ambiente, para denunciar o exceso de vertidos e animar a necesidade imperiosa de reinventar o que tiramos e darlle unha nova vida.

Para elo propóñemevos participar cunha obra por centro co formato que queirades tipo maqueta, escultura ou calquera outro elemento de decoración. A única obriga e elaborala con material de refugallo: botellas, tapas, madeira… Cada centro participará cunha única obra que amose algo significativo do lugar/contorna onde se erixe (algunha tradición, festividade gastronómica, monumento…).

Data:

A data límite para enviar as fotografías das obras é o 26/04/2022 o seguinte correo electrónico: centroredondela.ts@amainaesaude.com

Premio:

A obra máis votada polas persoas usuarias do CAPM de Redondela, que elixiran o xoves 28/04/2022, levara un premio realizado dende o centro.

Animádevos a participar!!!

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

O pasado venres 11 de marzo no centro de día Ferrol-Caranza tivo lugar un encontro interxeneracional cos alumnos do ciclo superior:” Ensinanza e animación sociodeportiva” do instituto Rodolfo Ucha. A profesora Dona Dulce Díaz da disciplina: “Actividades físicodeportivas para a inclusión social” acudiu acompañada de varios alumnos para dinamizar e realizar unha clase de xerontoximnasia e actividades físicas coas persoas usuarias do centro de día.
Na actualidade, dada a expansión da esperanza de vida, debemos apostar por un estilo de vida saudable, promovendo un envellecemento activo. No contexto xerontolóxico, a práctica da xerontoximnasia non só se percibe necesaria para manterse en forma fisicamente, os seus beneficios van máis alá do benestar físico. Grazas a ela, as personas usuarias melloran a súa saúde mental e emocional. E poden conservar por máis tempo a autonomía persoal.

10
Se che gustou podes compartirlo en:

Participación do centro de Ferrol Caranza no taller “Música sen enrugas”

Aparte

Participación do centro de Ferrol Caranza no taller “Música sen enrugas”

A música é unha das artes máis sociais de aí a súa importancia terapéutica, ao ser esta área, unha das máis afectadas ao longo do proceso de envellecemento. A música pode ser un elemento de axuda para as persoas maiores e a realización de programas axeitados pode reportar beneficios importantes de estimulación sensorial e cognitiva, socialización, expresión e, en definitiva, da calidade de vida da persoa.

A musicoterapia consiste no uso da música e os seus elementos (ritmo, melodía, harmonía, timbre…) con finalidades terapéuticas, favorecendo a comunicación, mellorando a autoestima e o estado de ánimo, incentivando o movemento, a expresión, a creatividade…

O Concello de Ferrol, dentro dos seu programa de actividades para o envellecemento activo realizou un taller de musicoterapia para persoas maiores de 65 anos: “Música sen enrugas” . Con unha duración de catro sesións, que se desenrolaron semanalmente; os martes 8, 15, 22 e 29 de marzo en horario de 12:00-13:30 horas no centro cívico de Caranza. O proxecto busca potenciar o mantemento das capacidades cognitivas, emocionais e físicas fomentando a socialización.

12
Se che gustou podes compartirlo en: