“Mulleres na historia: NOS” dende o Centro de día de Muros

O mes de marzo é no que se celebra o Día da muller e, dende o centro de día de Muros, fixemos unha viaxe pola historia das “nosas” mulleres, e de figuras femininas galegas relevantes.

O obxectivo principal desta actividade foi concienciar e visualizar a nosa propia importancia e influenza, xunto coa doutras mulleres significativas da historia de Galicia.

Con iso, leváronse a cabo varios talleres de estimulación cognitiva, na que se fixo un recorrido sobre a nosa historia como mulleres traballadoras fora, e dentro da casa, a influenza que tivemos, e a pegada na nosa familia e contorna. Á vez que se visualizaba o traballo e peso que tiveron as nosas antecesoras no ámbito cultural, civil e social.

Por outro lado, elaboramos un mural, agradecendo o traballo de todas as mulleres que iluminaron o camiño para as demais, os aspectos destacables das mulleres que forman parte do centro de día de Muros, e frases de cancións sobre o poder feminino.

Agardamos que vos sexa interesante e vos guste.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.