CELEBRANDO O XII ANIVERSARIO, DENDE O CENTRO DE DÍA DE VILAGARCÍA

12 ANIÑOS XA….! QUÉ RÁPIDO PASA O TEMPO! 12 ANOS FESTEXANDO XUNTAS/OS!

Para conmemorar este día convidamos a todas as familias para que pasaran a tarde connosco. Desta maneira quixemos que estiveran orgullosas/os do traballo que cada día realizan todas as persoas usuarias que manteñen vivo este centro! Rememorando os grandes anos 50 que todas/os eles viviron!

Inauguramos a festa cunha representación teatral “Ministerio do tempo” onde cada persoa usuaria interpretou o seu gran papel. Como en toda gran festa a música non pode faltar, polo que rapidamente nos puxemos a bailar, ensinando a nosa gran coreografía coas cancións máis típicas de Grease, xa que representa moi ben o espírito dos anos 50!. Como non podía ser doutro xeito tamén contamos co vehículo de Grease onde persoas usuarias, familias e traballadoras quixeron retratar un día tan especial coma este. Por último, fixemos unha recompilación dos xogos máis populares destes anos.

Gracias a todas/os os que nos acompañásedes neste día tan importante! Por outros 12 anos xuntos gozando como ata agora!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.