¡E chegou o día!
Dende o ano pasado agardando, ¡qué ilusión!
Foi unha das varias propostas que solicitaron as persoas usuarias do Centro de Día de Culleredo para incluír no programa de actividades. Moitas delas comentaban que levaban anos sen pisar unha granxa e incluso que non vían unha vaca!
¿E qué mellor plan que visitar un lugar tan especial como é A Casa Grande de Xanceda?
É unha granxa familiar ecolóxica en Galiza onde coidan a máis de 300 vacas. Co seu leite elaboran productos ecolóxicos muuuuuuuui sabrosos!
Todo o equipo que nos atendeu estivo moi implicado e a súa acollida foi inmellorable, e sobre todo… a cata de productos!!!!
… Iogures, queixos, marmeladas … ¡Non podemos pedir máis!
6