Para conmemorar o 8 de marzo, este ano no centro de día de Cospeito planificamos diversas iniciativas ao longo de toda a semana.
Por unha banda, co apoio de material audiovisual traballamos coas persoas usuarias a importancia desta data e os motivos que orixinaron este día, así como a importancia destes movementos para acadar maiores dereitos e melloras sociais.
Enlazado co 8M, realizamos un taller de cociña a mañá do xoves 7, no que todas as persoas usuarias, co apoio do persoal, participaron activamente.
Para rematar, en colaboración co colexio de Cospeito, desenvolvemos unha actividade chamada “Tendemos camisetas polo 8M”, no que cada persoa usuaria elaborou un deseño de camiseta que recolle o que significa e representa para eles esta data. Despois as persoas que así o desexaron, subiron ao colexio para “tender” as súas camisetas xunto ás do alumnado do colexio.
3