Neste entroido 2024 o Centro de Día de Dodro celebrou o seu 15 aniversario. No día do enterro da sardiña, mércores de cinza e día dos namorados… había moito que celebrar.
Coma ben sendo habitual a celebración fíxose por todo o alto, coa gran interpretación por parte de persoas usuarias, familiares e traballadoras dunha peza teatral na que representaron un episodio do famoso concurso “Un, dos, tres, responda otra vez”.
Non faltaron Mayra Gómez Kemp, as azafatas, as tacañonas, as parellas de concursantes e os diferentes invitados na fase de subasta. Incluso Chicho Ibáñez Serrador quixo acompañarnos en directo neste programa especial 15 aniversario.
O público encheu o aforo do centro, unha vez máis, e desfrutou participando co dúo sacapuntas, Bigote Arrocet, Don Cicuta e Juan Tamariz.
Todo un éxito que debemos agradecer á implicación excepcional de persoal, familias e usuarias.
2