O mércores 13 de decembro realizouse unha saída extraordinaria dende o Centro de Día de Ferrol Esteiro para introducirnos na tempada de Nadal visitando o Belén de O Tilo, da Asociación Cultural Aresán, que recrea un Belén hebreo, dende hai 30 anos, consolidado como referente da comarca.
Situado na sede da entidade, o Belén de O Tilo exhibe ao redor de 300 figuras nunha exposición que abarca máis de 50 metros. A organización do Belén inclúe tanto escenas fixas, como a recreación da Anunciación ou o Misterio, como escenas móbiles que representan bloques temáticos con figuras asociadas a diversas actividades da época. Estas inclúen a vendima, a labranza, os oficios da época e os seus fogares, que se desprazan pola mesa que representa o Nacemento.
Os usuarios e traballadoras desfrutamos de todas as imaxes, facendo busca das mais orixinais, e lembrando moitos dos oficios e costumes que labregos da nosa contorna tamén realizaron.
Unha das figuras que mais nos gustou, foi a de San Xosé no portal de Belén mecendo ao neno, xa que pareceunos unha forma sutil, pero reivindicativa de clamar pola igualdade nos coidados.
0