As actividades interxeracionais sempre supoñen unha fonte de aprendizaxe e moita diversión, as cales os nosos maiores desfrutan especialmente, posto que lles encanta compartir tempo cos máis novos.
Aproveitando que nestas datas se desenvolve o campamento de verán do Concello de Cospeito, festexamos o día dos avós na súa compañía.
Establecemos nas instalacións do centro de día un total de seis estacións de xogo (minigolf, paracaídas, xogos de mesa, diana, petanca e encestar os aros) nas cales grupos heteroxéneos de maiores e pequenos rotaron para participar en todas elas.
Foron dúas mañás moi entretidas, nas cales nos acompañaron un total de 89 nenos de entre 3 e 11 anos de Cospeito e os seus arredores.
Estamos desexando que chegue o próximo verán para poder repetir a experiencia!
3