Visita a Casa Niño de Arcos (Cuntis)

O 13 deste mes de Xullo, levamos a cabo unha visita moi especial.

Algunhas das nosas persoas usuarias e traballadoras acudimos á Casa Niño de Arcos, unha parroquia de Cuntis, a compartir a mañá cos cinco nenos e nenas que conforman esta Casa Niño.

Ao longo da mañá, cantamos cancións que os nenos e nenas nos ensinaron, o neno máis maior contounos un conto, compartimos a merenda que eles e elas mesmas nos ofreceron e fixemos un mural colaborativo con pintura de dedos.

Foi unha mañá moi bonita e frutífera, pois gracias a esta visita os nenos e nenas conseguiron que moitas das persoas usuarias se mantivesen máis activas e atentas co seu entorno por máis tempo.

Aquí vos deixamos unhas fotos desta mañá tan enriquecedora.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.