A semana do 15 ao 21 de maio, celebrase en Ferrol a semana da seguridade viaria, con ocasión da 7ª Semana Mundial da Seguridade Viaria, con actividades para diferentes públicos e con diversos obxectivos. Un deles é dar visibilidade ás vítimas dos accidentes de tráfico e as súas consecuencias, para elo organízase unha carreira solidaria, que a súa recadación íntegra irá destinada ás asociacións de vítimas, en concreto Stop Accidentes e Aesleme.
Na programación hai diversas actividades formativas e preventivas, na que participan as forzas de seguridade; bombeiros, sanitarios, vítimas, e persoas penadas por cometer delitos contra a seguridade viaria. Con elas preténdese concienciar a nenos, preconductores e adultos da gravidade
da sinestralidade na estrada. Realizaranse diferentes actividades: “road show”, simulacros de accidentes, e a carreira solidaria pola seguridade viaria.
As persoas usuarias que o desexaron, participaron na “road show” un evento formativo e preventivo, que a Escola municipal de mobilidade instalou no aparcamento do centro cívico de Caranza para explicar as sinais e normas máis importantes de tráfico.