REIS MAGOS DENDE O CENTRO DE DÍA DE COSPEITO

Este día de Reis no centro de día de Cospeito realizamos un bingo de nadal para as persoas usuarias coa colaboración do Concello, que nos facilitou tres cestas para dar como premio aos gañadores do bingo, así como bombóns para todas as persoas participantes e para o persoal do centro.

Tras a celebración dos bingos, recibimos a visita das Raíñas Majas, as cales chegaron acompañadas do alcalde de Cospeito e o concelleiro de servizos sociais, os cales nos agasallaron con dous roscóns de reis.

Na súa visita, as raíñas repartiron caramelos e escoitaron os desexos das persoas usuarias para este 2023, e repartiron para todos os agasallos que o persoal do centro elaborou para este día, uns botes con aceite de árnica.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.