O día 3 de Outubro celebramos no CAPM Cuntis o día internacional das persoas maiores invitando aos familiares e aos axentes máis importantes da zona, das cales acudiron a concelleira de servizos sociais e a traballadora social do concello.
Levamos a cabo un faladoiro sobre o envellecemento activo e os dereitos das persoas maiores e tamén fixemos o visionado dun vídeo realizado previamente por todas as persoas usuarias para reivindicar os seus dereitos.
Aquí volo deixamos para compartilo con todas e todos vós!
1