Visitando A Pobra do Brollón

Visitando A Pobra do Brollón

Hai varios lugares de interese no concello de A Pobra do Brollón que son descoñecidos para algunha persoa usuaria, ou que levan moito tempo sen visitar. Parécenos importante facilitar a conexión co entorno mais próximo, e por isto, realizar saídas na contorna. Nesta ocasión visitamos un lugar tan especial como fermoso, o Miradoiro de A Capela en Vilachá. E xa que vamos a Vilachá, tendo en conta que estamos en época de vendimas , non podemos deixar de visitar As Adegas, coñecer o museo que teñen, ver unha adega e o seu conxunto, que en si xa é un espectáculo para a vista. Quedou pendente probar o viño, que aínda é cedo, pero as uvas quedaron ben degustadas.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.