Gala de Eurovisión dende o Centro de día de Vigo- Coia
O centro de día de Vigo – Coia quere compartir unha actividade que se levou a cabo con motivo do Día das Familias (cada 15 de Maio). Preparouse unha “Gala de Eurovisión” na cal algunhas persoas usuarias e traballadores/as se caracterizaron e representaron a artistas españois “eurovisivos” de tódolos tempos: Rafael, Massiel, Salomé, Sergio Dalma, Azúcar Moreno… A modalidade de actuación dos artistas foi en “play-back” e algúns traballadores/as fixeron de “corpo de baile”. Estas actuacións foron ensaiadas no mes previo con moita ilusión por parte dos maiores do centro.
A gala tivo lugar no xardín do centro, decorado con banderíns dos países europeos. Estos foron elaborados nun obradoiro de ergoterapia e tamén se repartiron ós asistentes como elemento de animación para poder “ondealos” mentres actuaban.
Compartimos esta gala xa que foi unha actividade con familias que gustou moito e a maioría dos maiores amosáronse encantados. A única dificultade foi a temperatura exterior que era alta o que obrigou a reconfigurar o espazo e ter que empregar paraugas para gañar algo de sombra. O finalizar o evento organizouse un picnic para as familias ao aire libre.
4