Animados pola iniciativa proposta dende o CAPM de Redondela, “Concurso Artelixo”, no mes de abril o CAMP de Laracha, con toda a súa creatividade, púxose mans a obra para darlle unha segunda vida a un antigo palet de madeira. As persoas usuarias traballaron arduamente para lixar, pintar e montar a estrutura que máis tarde utilizariamos para expoñer as nosas plantas.
Ademais, son moitas as botellas de plásticos que terminan no contedor do lixo ao largo da semana. Como ben sabemos, o plástico é un dos axentes máis contaminantes que supón un dos principais problemas medioambientais a día de hoxe. Por ende, en colaboración co alumnado de prácticas do obradoiro de traballo de Laracha, elaboráronse unhas macetas con botellas de auga recicladas, que decoramos con area tintada da praia de Caión.
Compartimos con todos vós imaxes do proceso. Foi un proxecto que nos tivo moi entretidos e estamos namorados do resultado.
Agardamos que vos guste!
4