Día da danza dende o Centro de día de Cuntis

O pasado día 30 de abril no centro de día de Cuntis conmemorouse o día da danza. Esta actividade realizámola en compañía de xeito virtual das persoas que forman o grupo de Down Pontevedra Xuntos. Na imaxe ensinámosvos como eles nos vían na súa pantalla.

FOTO 1: Pantalla proxectando imaxe do Centro de día de Cuntis

Para comezar presentámonos todos e todas para coñecernos un pouco máis. Xa con un pouco de confianza decidimos bailar unha muiñeira coa música da “Muiñeira de Chantada”. Foi moi divertido e como podedes ver na foto por primeira vez bailamos a muiñeira sentados!

FOTO 2: GRUPO DE PERSOAS COAS MANS ERGUIDAS BAILANDO UNHA MUIÑEIRA

Logo realizamos un concurso “O pasapalabra da danza”, o cal vos presentamos a continuación:

A: Persoa que acude a unha escola de danza para aprender a bailar. Contrario de profesor. (ALUMNO)

B: Tipo de baile no cal se apoian nas puntas dos pés. (BALLET)

C: Melodía que se emprega para bailar. (CANCIÓN)

D: Lugar ao que se acude para bailar, como por exemplo “La Luna”. (DISCOTECA)

E: Espazo dentro dun teatro ou dun auditorio rodeado de butacas onde poden bailar, cantar, realizar unha obra de teatro… (ESCENARIO)

F: Persoa que toca a frauta (FRAUTISTA)

G: Instrumento típico de Galicia que se toca soprando (GAITA)

H: Típica parella dunha muller nos bailes de salón (HOME)

I: Muller que canta “Marinero de luces” (ISABEL PANTOJA)

J: En castelán, Tipo de baile español (JOTA)

K: Bar con micrófonos onde se pode cantar (KARAOKE)

L: En castelán, prenda de roupa axustada para as pernas que empregan os bailaríns/bailarinas (LEOTARDOS)

M: Baile típico de Galicia (MUIÑEIRA)

N: Contén a N: Tipo de baile que se baila en parella, popular da Arxentina (TANGO)

O: Instrumento musical presente en igrexas para facer melodías. (ÓRGANO)

P: Persoa que ensina a bailar nunha escola de baile (PROFESOR)

Q: Contén a Q: Tipo de baile no que se move ritmicamente mentres se realiza un zapateo musical. (CLAQUÉ)

R: Tempo da música, pode ser máis rápido ou máis lento. (RITMO)

S: Baile típico de Sevilla (SEVILLANA)

T: Instrumento de percusión que se toca batendo con baquetas ou coas mans (TAMBOR)

U: Contén a U: Nome do famoso cantante galego, que cantaba “Anduriña” apelidado Pardo (JUAN)

V: Tipo de danza que bailan os noivos no casamento (VALS)

W: Canción famosa do mundial de Sudafríca cantada por Shakira (WAKA WAKA)

Y: Contén a Y: En Castelán, encontro no cal se preparan os bailes (ENSAYO)

Z: Prenda de roupa que se pon nos pés para bailar(ZAPATOS)

Animámosvos a intentar adiviñalas!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.