Este ano non quixemos tendo en conta as medidas fronte á COVID 19 decidimos facer unha adaptación das actividades que máis nos gustan: os xogos de memoria.
Realizamos unha busca do tesouro aparecido en forma de cofre nunha das praias do Concello de Baiona e, coa colaboración de familiares e amigos/as da comunidade do Val Miñor que se animaron a presentar as distintas probas, foron achegándonos os díxitos do código que permitía a apertura do cofre.
Dentro do cofre, e unha vez superadas todas as probas, este gardaba unha mensaxe moi especial da man do gran presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso que nos adicou unhas verbas moi sentidas e agarimosas para todos os maiores, acompañadas dunha adaptación do “apago o candil marica chús chús”.
Moitísimas grazas a todos/as !
A continuación deixámosvos o vídeo que ilustra esta experiencia!