ARTELIXO DENDE O CENTRO DE DÍA REDONDELA

O Artelixo é un movemento artístico, que emprega materiais de refugallo para crear arte. Esta actividade está moi vencellada ó pobo de Redondela. Está dirixida a persoas que non teñan un deterioro severo e que preserven as capacidades manipulativas.

Entre os obxectivos destácase: estimular as capacidades artísticas, favorecer as capacidades manipulativas e de coordinación, a concienciación da importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente…

Os materiais que se precisan son: material de refugallo, pegamento, tesoiras, rotuladores permanentes, pintura…

A actividade consiste en crear unha figura con material de refugallo como pode ser: plásticos, botellas, diferentes tipos de envases…

Aquí amosámosvos algúns exemplos creados polas persoas usuarias do centro de día de Redondela e vos animamos a reciclar empregando o “Artelixo”.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Unha resposta a “ARTELIXO DENDE O CENTRO DE DÍA REDONDELA”

  1. Nós fixemos unhas paos de chuvia para os nenos do colexio que tiveron moito éxito. Consiste en meter pedras de cores ou material sonoro en botellas de plástico e decorar. Con botellas tamén se fan trampas para as velutinas…