Dende o centro de día de Cabana de Bergantiños achegamos algunha idea para traballar coa musica…

A MÚSICA COMO A CANLE

A música permite traer o recordo as cancións, as súas letras e moito máis como a de estimular a aquelas persoas que teñen algún deterioro cognitivo, sendo capaces de recordalas e de traerlles un recordo moi especial e emotivo.

A música é unha poderosa ferramenta para manter a linguaxe, a atención ou a memoria, para a capacidade auditiva, de relacións entre as persoas, e para mellorar as funcións corpo co exercicio como é mediante o baile, entre outras, e todo a través das emocións.

Pódense facer actividades moi variadas e de distintas dificultades, e adaptalas ás características do noso familiar e ós seus gustos:Escoitar as cancións que máis lles gustan ou outras por descubrir.

  • Recordar cantantes e cancións famosas da época e que teñan que identificalo cantante e maila canción, falar da vida do artista, falar sobre a letra da canción, a historia que contan…. Unha vez terminada a canción pódense facer preguntas sobre a temática… falar sobre as emocións que provocan… os recordos que se lle achegan….

Prema aqui

Prema aquí

  • Bailar, poñer música de distintos xéneros musicales (galega, folclórica, pasodobles, ritmos latinos, cumbias.., etc)

Prema aqui

Prema aquí

Prema aquí

  • Escoitar fragmentos de música específicos elixidos
  • Tamén reproducir música utilizando diversos instrumentos de música, obxectos sonoros, a voz…
  • Cantar de maneira espontánea
  • Escoitar música relaxante ( de sonidos da natureza, música clásica,…)

Prema aquí

  • Identificar sonidos cos ollos pechados, distinguir sons de diversos tipos o son dunha pandeireta, dun violín,…; sonidos da vida cotiá (un abrir e pechar de porta, un claxon,..)

Prema aquí

  • Coller o instrumento e obxecto que se corresponde co son que se está escoitando (pandeireta, violín, frauta…).
  • Escoitar outras músicas populares doutros lugares das distintas rexións ( Galicia- muiñeiras, Andalucía – sevillanas; Aragón – xotas…) así como doutra música internacional ( étnica, mexicana, china, …)

  • Realizar unha coreografía con movementos do corpo ó son da música, ó seu ritmo (movemento de brazos, manos, mímica coma se tocásemos os instrumentos,…)

Prema aquí

  • Cantar un karaoke… lendo a letra da canción na tv, pc….

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.