HISTORIA SONORA DENDE A RESIDENCIA LA LUZ (SADA)

A música e os sons son información, permiten a construcción simbólica de moitas das nosas lembranzas. Os silencios, as voces, o contido, o ritmo… todas elas son estratexias perfectas para canalizar os sentimentos, en moitas ocasións sen necesidade de linguaxe verbal; por iso e de gran utilidade o uso da musicoterápia para traballar emocións, tanto en persoas con plenas capacidades cognitivas, como para aquelas con algún merma de memoria, razoamento…

As lembranzas sonoras e musicais permiten evocar non só ritmos , harmonías, melodías senón tamén aspectos da relación coas vivencias.

É moi importante coñecer a HISTORIA VITAL MUSICAL/ SONORA das persoas para saber das súas escenas acústicas significativas, e así realizar actividades pracenteiras.

Ti coñeces a túa? Convidámosvos a facer a vosa HISTORIA VITAL MUSICAL\SONORA.

Anota nunha folla:

– Son relacionado co teu país e/ou rexión de orixe

– Preferencias e particularidades sonoras dos teus antepasados (Pais, nais, avós…)

– Movementos corporais e cancións de verce

– Vivencias sonoras da primeira infancia

– Vivencias sonoras da adolescencia

– Vivencias sonoras da adultez

– Sons relacionados coas persoas que te criaron

– Sons típicos da casa matriz

– Sons da noite

– Sons corporais propios e das persoas significativas

– Primeiros contactos con algún instrumento musical

– Gustos musicais e sonoros actuais

– Rechazos musicais e sonoros actuais

Animádevos a facernos achegas das vosas HISTORIAS, deixando un comentario e nos tentaremos facer o voso “COLLAGE MUSICAL”

0
Se che gustou podes compartirlo en:

2 Respostas a “HISTORIA SONORA DENDE A RESIDENCIA LA LUZ (SADA)”

  1. Buenísima propuesta, antes de plantearse hace musicoterapia es imprescindible este paso.. conocer la historia sonora de cada persona. Y a demás precioso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*