Dende o Centro de Día de Culleredo queremos animar aos usuarios e as familias a participar neste xogo en familia. Poderemos participar todos, pois o obxetivo principal da actividade é PASALO BEN!
O xogo consiste en facer o que se indica na casilla que nos toque (movementos, can- cións, acenos,…).
Por exemplo: Casilla “Orquestra”. Temos que recordar instrumentos musicais e facer os movementos que fan os musicos ao tocalos.
¡Agardamos que o pasedes ben!
OBXECTIVO
O obxetivo xeral, o máis importante da actividade, é pasar un rato divertido en familia pero hai outros obxetivos secun- darios que imos traballar ao mesmo tempo:
Favorecer a imitación e a imaxinación
Evocar tarefas da vida cotía, das distintas profesións, de- portes,…
Mover o corpo ao facer os movementos repetidamente
Facer un exercicio de memoria ( ao tratar de recordar a nosa profesión, os movementos que se fan nos deportes, can- cións, )
Mellorar a espontaneidade, a deshinbinibición e pode que a risa.
MATERIAL
Non se precisa material se facemos o xogo en orde comen- zando pola casilla 1 e rematando pola 12.
Pero se queremos facer o xogo máis dinámico e competi- tivo podemos escribir nuns trozos de papel os números do 1 ao 12 e os doblamos. O xogo consta de doce casillas e así facemos a que nos toque no número. Para rematar sumamos os números das casillas que nos tocaron gañando o que mais puntuación teña.
Para ver as indicacións PREME AQUÍ
